Arboricultura, poda en altura, xardinería e paisaxismo en Ponteareas

Especialistas en arboricultura en Ponteareas

Os das Árbores, somos unha empresa especializada en arboricultura, poda en altura, xardinería e paisaxismo en Ponteareas de maneira que ofrecemos un servizo profesional no apaixonante e amplo sector do arboledo urbano.

Os nosos esforzos céntranse na plantación e coidado de árbores, sendo a poda en altura, revisións de seguridade arbórea e talas en situacións complexas, os nosos servizos máis demandados. A idea de crear Os das Árbores xordeu no ano 2018, ante unha demanda do sector de profesionais especializados e altamente cualificados.

Cos nosos coñecementos tentaremos ofrecer a mellor solución e un enfoque novo á demanda dos nosos clientes. Ademais, traballamos cada día co obxectivo de xestionar o arboledo público e privado, para mellorar así a seguridade e convivencia de árbores e persoas.

Mantemento e saneamento de árbores e arbustos

En Os das Árbores ofrecemos unha gran cantidade de servizos para que atopes o que mellor se adapta a ti e ás túas necesidades. Ademais, somos profesionais altamente cualificados e con moitos anos de experiencia no sector polo que poderemos axudarche e asesorarche en todo o que necesites así como dar un servizo de calidade que cumpra e satisfaga as túas expectativas:

  • Poda en altura: Utilizamos os últimos sistema de trepa e acceso homologados para traballos na árbore. Podemos realizar calquera tipo de poda de forma cómoda e segura.
  • Talas controladas: Facemos tallas de exemplares en situacións complexas, desmontando a árbore por partes para evitar danos na zona de traballo.
  • Revisión de árbores: Utilizando a técnica de Avaliación Visual de Arboledo (EVA) en conxunto con outras ferramentas de diagnóstico, valoraremos o estado de saúde e seguridade da árbore.
  • Plantacións: Desde a selección de especies ata a plantación para crear espazos verdes con futuro e harmonía.
  • Consultoría: o noso equipo ofrecerá asesoramento técnico para lograr o obxectivo desexado.

Solicita orzamento sobre os nosos servizos de arboricultura

Se tes algunha dúbida ou necesitas máis información sobre algún dos servizos de arboricultura que ofrecemos, non dubides en poñerche en mans e contactar cos nosos profesionais, estaremos encantados de atenderche, axudarche e asesorarche en todo o que necesites. Esperámosche en Ponteareas!.

Contactar